|
Unha WebQuest Sobre
WebQuests
Versión para sesiones de introducción á metodoloxía WQ
Introducción
Desde 1995,
profesores de todo o mundo aprenderon a usa-la web a través do
formato WebQuest, creando actividades orientadas á investigación. Pero
¿que é exactamente unha WebQuest? ¿Que se sinte ó facer unha? ¿Como se distingue
unha boa ó vela? Nos próximos 90
minutos, tratarás de resolver estas cuestións e... moito máis.
A
Tarefa
Para desenvolver grandes
WebQuest, precisas desenvolver tamén un entendemento polo miúdo das diferentes posibilidades que se abren
ó crear
actividades basadas na web. Un dos caminos posibles para conseguilo é analizar con espíritu crítico
uns cantos exemplos de
WebQuest e discutir sobre eles desde múltiples perspectivas. Esta é a túa
tarefa neste exercicio.
Ó remate desta
actividade, tí e mailo teu grupo contestaredes as seguintes preguntas:
- ¿Que dous
exemplos de WebQuest de entre os listados máis abaixo parécenvos os mellores? ¿Por
que?
- ¿Cales
parécenvos os peores? ¿Por que?
- ¿Que
significa mellor e peor para vos?
Recursos
Eiquí
están os sitios que analizaredes:
-
¿Que pasou o
día que nacín? - Actividade motivadora para iniciar ós alumnos na
procura de información na rede.
-
Web
Tour Multicolor. Unha viaxe en favor da tolerancia e o respeto cara
outras culturas.
-
Vive e deixa vivir-
Cachetes, apodos despectivos, insultos, burlas, desprezo, valeiros...
Soedade, illamento, tristeza, rexeitamento... ¿Es víctima ou acosador? ¿Ou
so un espectador pasivo que consinte esta situación con tal de que non
che toque? ¿Queres facer algo para frear este proceso?
-
Os
Íberos Unha actividade pensada para dar a coñece-la cultura previa á
invasión romana.
-
Hacia a Europa do século
XXI. Esta webquest está pensado para os alumnos de Bacharelato de
Humanidades, especialmente para as asignaturas de Xeografía, Historia do Mundo Contemporáneo
e Economía, aínda que tambén pode ser desenvolvido nos Ciclos Formativos Superior
e Medio de Administración e Finanzas.
O Proceso
- En primeiro
lugar, cada participante terá unha copia da folla de
traballo. Para contesta-las preguntas propostas máis
arriba, formaredes grupos de catro persoas e cada un adoptará un dos
seguintes papeis:
|
O experto en eficiencia: Valoras
moito o tempo. Cres que hoxe en día desperdíciase moito tempo en
enfoca-las actividades e que a cotío os alumnos non
saben, nun momento dado, que teñen que facer. Para ti unha boa WebQuest
é aquela que reparte o tempo exactamente para a actividade. Se é
curto, unha actividade pouco ambiciosa que ensina algo ben, gústache. Desde
o teu punto de vista, se é longa, sería mellor acadar
un coñecemento profundo dos conceptos tratados. |
O colaboracionista: Para ti,
a mellor
actividade de aprendizaxe é aquela na que os estudiantes traballan
xuntos. As WebQuests que forcen o traballo en grupo e xeneren a necesidade
dunha discusión e un consenso son as mellores
desde a túa perspectiva. Non te interesan aquelas WebQuest que
poderían ser afrontadas por un único alumno. |
|
O esixente: Para ti o
é todo a actividad
intelectual de alto nivel. Hoxe por hoxe dase demasiada
importancia ós procedementos e as actitudes. A única xustificación
para que a tecnoloxía entre nas aulas é poñer é disposición
dos alumnos a posibilidad de analizar información, sintetizar
múltiples perspectivas e tomar unha postura intelixente sobre algo.
Tamén valoras positivamente os sitios que favorecen a
expresividade creativa dos estudiantes. |
O tecnófilo: Adoras Internet.
A mellor
WebQuest para ti é a que saca o maior partido das tecnoloxías asociadas
á Web. Se un WebQuest ten cores atractivas, gifs animados e unha
chea de ligazóns a sitios
interesantes, encántache. Se fai un uso mínimo da Web, a folla
de traballo non te chegará a nada. |
- Individualmente, examinarás cada un dos sitios da lista
de recursos e usarás a folla de traballo para anota-las opinións que
che merezan, sempre desde a perspectiva do teu papel. precisarás
examinar cada sitio arreo. Non perdas máis de 10 minutos en
cada un.
- Cando
cada un do grupo teña visto tódolos sitios será o momento de se
xuntar para contestar conxuntamente as preguntas. Unha posibilidad
para facelo sería que cada membro do grupo dixera cales son os dous
mellores e os dous peores desde a súa perspectiva. Poñede atención
ás demáis perspectivas, sobre todo se non estades de acordo.
- Probablemente
non haberá un acordo unánime, así que o seguinte paso será acadar entre todos un consenso sobre
cales son para o grupo os dous mellores e os dous peores. Xuntade as vosas perspectivas
e mirade se poderíades chegar a un acordo sobre cal é o mellor para
os
estudiantes.
- Unha
persoa de cada grupo redactará nun documento sinxelo as reflexions do grupo.
- Finalmente,
utilizade este documento para comunicar os vosos resultados ó resto
da clase. ¿Credes que os outros grupos estarían de acordo con esas mesmas
conclusións?
Conclusión
Nun caso
ideal, iste exercicio terá proporcionado unha boa cantidade de ideas
para face-la túa propia aventura na web. A mellor WebQuest está por deseñar:
¡Pode
se-la túa!
Escrito
por Bernie Dodge.
Última actualización 29 Abril,
2001
Traducido
e adaptado á versión en galego por
Carlos de Paz para BioXeo.com
|