| Alumno/a: __________________________________________________ |
Asunto: Identificación
bacteriana | |
|
|
|
Microbios Misteriosos,
unha
miniquest.
|
|
|
| Escenario: |
|
| |
Existe una inxente variedade de microorganismos
no noso
planeta. A súa existencia remóntase prácticamente ós inicios
da vida e agora descubrimos que teñen colonizado tódolos
ambientes posibles e mesmo os que críamos imposibles.
| |
|
Tarefa: |
|
| |
As bacterias non teñen cornos, nin
ás ou aletas. Non posúen follas de bordo aserrado, nin vistosos órganos
sexuais xuntos en infrorescencias. Nin siquera podemos velas
sen recurrir a aparellos especiais de amplificación da imaxen.
Tí serás o encargado de investigar que características
das bacterias podemos usar para ser quen de determinar a súa
identidade e así poder diferencias unhas doutras.
| |
| Proceso: |
|
| |
1. Visita
os lugares recomendados na sección
recursos. 2. Toma nota dos nomes de algunhas das probas
realizadas sobre os microorganismos para recoñecelos
ou distinguilos doutros. 3. Observa que tipo de criterios
utilízanse para realiza-la determinación dos
microorganismos. 4. Trata de reunir eses criterios segundo
o seu
fundamento en dúas ou tres categorías.
5.
Redacta un pequeno informe no que se relacionen as categorías
e, como mínimo, un par de exemplos de cada unha.
| |
|
|
| Avaliación: |
|
| |
Valórase o número de probas localizadas
e enumeradas no punto 2 do proceso. Valórase o grao de
síntese na elaboración de categorías no punto 4 do
proceso. Finalmente, valórase o grao de acerto na
clasificación e a pulcritude na presentación do informe.
| |
| Conclusión: |
|
| |
No traballo con microorganismos,
o home non pode
recurrir ós mecanismos habituais de identificación útiles no caso de organismos macroscópicos como plantas ou
animais. Os microorganismos, especialmente as bacterias, a súa
natureza, os seus mecanismos vitais, os ambientes que
colonizan, impoñen unhas regras que o home comezou a dominar
cunhas sinxelas técnicas desenvolvidas desde finais do século XIX
e mantidas ata os nosos días na práctica cotiá dos laboratorios.
| |
Xerado con-
TeAch-nology.com- The Web Portal For Educators (www.teach-nology.com) |