|
|
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||
|
Un modelo científico dun obxecto é unha imitación simplificada do mesmo, que ten a finalidade de axudar a entendelo mellor. Os modelos créanse para representar sistemas inaccesibles, moi grandes ou moi pequenos. |
||||||||||||||||||||||||||||||
| Á túa dereita podes ver un modelo dunha molécula de ADN. Está en formato GIF animado. Podes velo xirar e xirar, pero non podes facer que se mova ó teu antoxo. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||
| Se instalas o conector (plug-in) axeitado, poderás facer que un modelo molecular se mova nas tres direccións do espacio seguindo os movementos do rato. Fai 'clic' no nome da dereita e segue as instruccións para instalalo. | ||||||||||||||||||||||||||||||
| Saberás que conseguiches instalalo se á dereita deste texto ves unha molécula dun fosfolípido de membrana (pero antes terás que renova-la información da páxin facendo clic no botón 'actualizar' do navegador). Notarás a diferencia entre ámbalas dúas imaxes, cando despraces o rato sobre esta mentres mantés pulsado o botón esquerdo do mesmo. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||
| Hai un montón de posibilidades de visualización no menú contextual que se abre se premes o botón dereito do rato sobre a imaxe. Proba, por exemplo, a dete-lo movemento (desmarcando Rotation), as distintas variantes da opción Display.... Ou garda o modelo no teu disco duro mediante File/Save molecule as... | ||||||||||||||||||||||||||||||
| Se prefires ter un programa que che permita ver este tipo de moléculas (formato PDB), independientemente do navegador, podes baixar a versión para Windows de RasMol. | ||||||||||||||||||||||||||||||
| E agora xa só queda busca-las moléculas que máis che interesen na rede. Para iso están as ligazóns seguintes: | ||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
ARNt-Ser |
||||||||||||||||||||||||||||||
| Aínda que se o que queres é ve-lo verdadeiro potencial desta tecnoloxía, e de paso repasa-las nocións de bioquímica, as básicas e as non tan básicas, podes utilizar as unidades didácticas completas que están na rede. Nelas atoparás tanto as moléculas como as explicacións que che permitirán ir avanzando de xeito programado e secuencial nos contidos. As ligazón seguintes son moi bos exemplos: | ||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
Glicil-glicil-glicina |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
E se queres crea-los teus modelos para visualizar con Chime, tamén o podes facer.
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
Para consultas sobre os contidos sobre modelado molecular en BioXeo.com: modelos@bioxeo.com |
BioXeo 2002-03 |
|||||||||||||||||||||||||||||
|
Esta páxina figura entre as direccións de internet recomendadas polo Grupo de Traballo ó D.C.B. de 2º de Bacharelato de Bioloxía (CIUGA) |
|
|||||||||||||||||||||||||||||