| 19-12-2001
31-12-2001 |
| O
proxecto biolóxico é un recurso interactivo on-line para
a aprendizaxe de Bioloxía, divertido, ben ilustrado e probado
por miles de estudiantes. |
The
Mineral Gallery é unha colección en constante crecemento de
descripcións minerais, imaxes e especímenes. |
| A
árbore da Vida é un proxecto con información sobre a
diversidade dos organismos sobre a Terra, a súa historia e
características. |
Stromboli
On-line permítenos segui-los fenómenos recentes ou en curso da
actividade volcánica do Stromboli e outros volcanes. |
|
|
| 31-12-2001
06-01-2002 |
|
Aula
virtual de Biología é un interesante desenvolvemento do programa
da asignatura Bioloxía LOXSE, práctico a efectos de reforzo
educativo.
|
Depuración
de Augas Residuais é un punto
de encontro para tódolos interesados neste proceso vital para poboacións e industrias. |
|
The Nanoworld
Image Gallery, un excelente sitio que a Universidade de
Queensland pon á nosa disposición para descubri-lo inframundo
microscópico, dispón dun novedoso sistema de microscopía electrónica
on- line.
|
Na colección
de minerales e fósiles de Eduardo Jawerbaum, atópase un amplo
mostrario de minerais e fósiles da Arxentina acompañado
de cumprida información sobre eles. |
|
|
|
06-01-2002
13-01-2002 |
| Graphics
Gallery é unha serie de diagramas rotulados e explicados que
representan procesos fundamentais en Biotecnoloxía. |
Nesta
colección de fotografías
de estructuras xeolóxicas faise bo no dito "unha imaxe vale
máis ca mil palabras". |
| En Evolutionibus
podemos atopar moita información sobre o pasado, presente e futuro
dunha gran revolución científica. |
A
astronomía é sinxela é unha web moi ben deseñada que aproxima
esta ciencia dun xeito agradable ós seus visitantes |
|
|
|
13-01-2002
20-01-2002 |
| The
e-Skeletons Project permite ve-los ósos humanos, de gorila e
mandril e obter información sobre eles dende unha base de datos
osteolóxica. |
Rochas
de Galicia ofrécenos multitude de imaxes e información nun
sitio ben estructurado e de navegación amigable. |
| CourseWare
é un conxunto de ferramentas basadas en Java, desenvolvidas para
construir simuladores útiles na ensinanza da Ecoloxía. |
O
terremoto virtual permítenos poñer a proba as nosas
capacidades como sismólogos e ofrece un certificado persoalizado si
superamo-la actividade. |
|
|
|
20-01-2002
27-01-2002 |
| Creces
é un completo catálogo virtual de contidos que son parte do
programa oficial no ámbito da saúde e das ciencias naturais,
medioambientais e tecnolóxicas do ensino medio en Chile. |
The
Virtual Cave permítenos, dende a comodidade do teclado, visita-
la beleza das profundidades da terra. |
| Nesta ligazón
podemos ver como é posible utiliza- la Web para realizar unha
táboa dicotómica de clasificación, neste caso de macroinvertebrados
de auga doce. |
O
website do Museo
Paleontolóxico da Universidade de Zaragoza ofrece, ademáis
doutros recursos educativos, unha visita virtual con excelentes
fotografías dos seus fondos. |
|
|
|
27-01-2002
03-02-2002 |
|
|
|
03-02-2002
10-02-2002 |
BIODIDAC
é un banco de recursos dixitais para a ensinanza da bioloxía dos
organismos, bioloxía humana e histoloxía.
|
Unha
boa colección de fotografías dos danos tralo terremoto
de San Francisco de 18 de Abril de 1906. |
| En El
ABC de la Biotecnología atoparemos tódala información precisa
para poder entender definitivamente que é iso da enxeñería
xenética |
From
the BigBang to the present
é unha excelente demostración deas posibilidades das animacións e
das presentacións interactivas na ensinanza das ciencias da Terra. |
|
|
|
10-02-2002
17-02-2002 |
|
Perseguindo
ó misterioso microbio é un recurso de animación á
Microbioloxía moi axeitado ós niveis de secundaria e cun contorno
moi amigable. |
Nas páxinas
electrónicas de PALEONET
podemos atopar, entre outros recursos, algunhas estupendas ilustracións
artísticas da vida no pasado . |
| Con Noticias
da Ciencia e da Tecnoloxía de Amazing.com podemos estar
ó día dos avances científicos máis significativos. Inclúe a
posibilidade de subscribirse de balde e recibir un e.mail cos
titulares. |
O
sitio Web de Nacións Unidas nos ofrece algúns recursos
a modo de mostra para valora-la idoneidade de solicita-las unidades
didáctivas completas. Entre estas mostras hai unha sobre RSU e
outra sobre contaminación oceánica con hidrocarburos. |
|
|
|
17-02-2002
24-02-2002 |
|
The
Virtual Foliage é o portal de acceso a unha excelente base de datos
gráfica sobre o mundo vexetal que nos permite navegar de forma lóxica
por unha árbore de cartafoles ata atopar a imaxe desexada.
|
En setembro de 2001
tivo lugar o V Itinerario
Xeolóxico pola Cordillera Bética. Podemos facermos unha boa idea
do que teríamos visto con esta versión virtual que o ICE da
Universitat d'Alacant nos ofrece.
|
| O libro Elementos
de Zooloxía de Laureano Pérez Arcas viu a luz no 1886, pero
internet permítenos acceder ó seu contido sen medo a deteriorar
unha xoia bibliográfica; un magnífico exemplo da chamada nova
biblioteca de Alexandría. |
Xeoloxía
Xeral é un breve pero interesante sitio onde se bocetan as ideas
principais dun curso de xeoloxía, incluíndo algunhas animacións,
esquemas e fotografías ilustrativas.
|
|
|
|
24-02-2002
03-03-2002 |
|
O glosario
de xenética que destacamos esta semana ofrece un entorno
hipertextual definindo casi 400 conceptos relacionados coa xenética e posibilitando
unha consulta rápida e eficiente dos termos
relacionados entre sí.
|
En Mount
Everest Photo Gallery atoparemos tódalas fotos que poidamos
imaxinar do cumio do mundo e do seu contorno. Se visitamo- la páxina
principal desta web, teremos ó noso dispor tóda la
información que precisemos, incluso as posibilidades turísiticas.
|
|
O portal de Bioloxía de Telépolis biologia-en-internet.com
ofrece noticias, foros, enquisas, posibilidade de suscripción e moito
máis. Outra fonte de información actualizada.
|
A
páxina de ligazóns de Xeología de Todo-ciencia.com
ten artigos de carácter xeral que poden server como fonte de
consulta. |
|
|
|
03-03-2002
10-03-2002 |
|
Imprescindible
base de datos de exames e preguntas con respostas de SELECTIVIDADE.
Dadas as datas e o nivel crecente de nerviosismo, manteremos esta
ligazón destacada ata que teña pasada a temida cita. Sorte a tod@s. |
VRML
2.0 Topographic Map Generator
é unha ferramenta de grande utilidade que permite a obtención de
mapas segundo as nosas necesidades usando a base de datos ETOPO-5
con datos tanto altimétricos como batimétricos de tódala
superficie terrestre. |
| Entre outras cousas
interesantes do site Homo webensis temos a posibilidade de
xogar un papel sui generis da Selección Natural. Coas
limitacións que o propio autor anuncia, ten utilidade i é
divertido tratar de chegar a un exemplar único de infoartrópodo. |
O
propósito do proxecto SeaWiFS
é obter datos cuantitativos das propiedades ópticas de tódolos océanos.
Os cambios na cor das masas de auga denotan varios tipos de cambios
nas poboacións fitoplantónicas cuio coñecemento ten moitas
aplicacións prácticas.
|
|
|
|
10-03-2002
17-03-2002 |
|
6
Billion Human Beings é unha estupenda unidade didáctica sobre
Demografía ó xeito dos museos interactivos (pertence ó Musée
del'Homme de Paris). Se salvamo-lo problema da lingua utilizándoo a
modo de demostración con algún sistema de proxección, pode ser de
grande utilidade.
|
Visual
Entities ofrece unha colección de applets educativos
interesantes na aprendizaxe de algúns aspectos difícilmente
observables como é a relación entre a densidade terrestre ou a
velocidade de transmisión de ondas sísmicas e a profundidade.
|
|
Human
Demographics é un simulador basado en Java que permite ós
estudiantes trocar tasas demográficas e así comprender mellor as
perspectivas da población humana. Útil en Ciencias Medioambientais e
Desenvolvemento Sostenible.
|
Localizando
Epicentros é outro subprograma executable
dende o servidor; permite localiza-lo epicentro dun terremoto a partir
dos datos da diferencia na chegada de ondas S e P, que nos mesmos
debemos proporcionar, en tres estacións sismolóxicas. |
|
|
|
17-03-2002
31-03-2002 |
|
Juan
Carlos Vicente Arranz ofrece unha exposición
fotográfica virtual de insectos e arácnidos. Está avalado por unha
envexable traxectoria como fotógrafo de Natureza que acadou o premio de
mellor fotografía de Natureza no ano 2000.
|
Podemos
ilustra-las nosas leccións sobre modelado
cárstico coa información que a Junta de Andalucía, a
través da Consejería de Medio Ambiente, dispón na súa web e que inclúe,
ademáis doutra información variada, un moi recomendable
álbum de fotos.
|
| Healthing
Consultora Periodística é unha empresa arxentina que edita dende 1997
de balde o magazine Healthing News. Nel ofrecen seleccións
de noticias clasificadas por temas. Como mostra, destacamos esta semán
a selección
de artigos sobre Clonación. |
O itinerario polo
Jurásico de Sot de Chera, na comarca dos Serranos
(Valencia) pode seguirse coas indicacións desta páxina, que
aporta mapa topográfico, coas paradas sinaladas e
fotografías das formacións máis importantes. |
|
|
|
31-03-2002
07-04-2002 |
|
Es
buena época para investigar el mundo de los insectos; en ese
sentido la Guía
de mariposas que waste magazine on-line hospeda nos
proporciona la posibilidad de buscar información sobre muchos
ejemplares de la fauna iberobalear incluyendo la posibilidad de
determinarlas gracias a las imágenes incluidas. |
La
página de José María Morales se propone intentar contestar a la
pregunta ¿Qué es
la Geología? enseñándonos algunas de las ocupaciones de los
geólogos. Aunque aún está incompleta "por obras"
ya hay información suficiente como para entretenernos un buen rato. |
| Si nos hemos
quedado con las ganas de ir a ver animales o si la climatología nos
ha estropeado el viaje, podemos recurrir a las webcam
de Discovery channel para ver tiburones, osos polares, pingüinos
y muchas cosas más. Atentos al botón secundario del ratón y
suerte en el safari fotográfico. |
Seguramente
pasaríamos mucho tiempo en reunir la información básica necesaria
para cubrir la enseñanza-aprendizaje
de Mineralogía y Cristalografía. Internet, y la vocación
docente de muchos profesores, nos ahorran ese trabajo y nos permiten
centrarnos en la adquisición de los conocimientos que perseguimos. |
|
|
|
07-04-2002
14-04-2002 |
|
En
ANTROPOS podemos
atopar moita información sobre Antropoloxía e Arqueoloxía co
nivel axeitado para unha introducción a estas disciplinas. A ligazón
ó mapa do sitio proporciona un sumario claro dos contidos do mesmo. |
En
The
Physics of Tsunamis dispoñemos de nutrida información sobre a
xeración e propagamento destas xigantescas ondas, incluíndo
animacións explicativas. |
| O paleoantropólogo
Juan Luis Arsuaga é un destacado membro do equipo de
investigadores da Serra de Atapuerca dende 1982. Entre as páxinas
da web do MEC accedemos a unha selección de artigos sobre Evolución
Humana avalados pola súa sinatura. |
O capítulo
terceiro do curso de Oceanografía da escola de Física da
Universidade de Costa Rica cubre os aspectos relacionados coa Batimetría
e as Provincias Mariñas que do seu estudio se desprenden. |
|
|
|
14-04-2002
21-04-2002 |
|
O
Ministerio de Medio Ambiente ofrece información sobre os Humedais
españoles na lista de RAMSAR. Accede dende eiquí a un mapa
sensitivo sobre o que poderás abri-la ficha informativa do humedal
que selecciones. Tamén podes atopar outra información básica
sobre RAMSAR se premes a ligazón á páxina principal. |
Entre
as moitas aportacións que realiza a AEPECT (Asociación Española
para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) atópase un sitio
web sobre Controversias
e debates de actualidade sobre Xeoloxía. Co garante que supón
a presencia activa de Paco Anguita é un sitio imprescindible. |
| No website La
Ciencia para todos está editado Las
musas de Darwin, de José Sarukhán, un libro completo en
formato electrónico que analiza en profundidade as influencias que
"exerceron un efecto pausado e acumulativo na xestación
de A orixe das especies". |
O Centro de
Apoio ó Profesorado de Coslada mantén unha web en torno ó
Seminario Permanente "Ciencias
da Terra e do Medio Ambiente". Alí pódense atopar
interesantes ponencias, prácticas, actividades de campo, resumos de
libros, foros de discusión e moito máis. |
|
|
|
21-04-2002
28-04-2002 |
|
Se
o que procuras é información sobre Espacios Protexidos empeza por www.parquesnaturais.com.
Poderás seleccionar o espacio que desexes e acceder a información
sobre aloxamento, turismo activo, tendas naturais,... e por suposto
a fichas sobre as especies faunísticas e botánicas máis
destacadas das nosas xoias naturais. |
A
Web da universidade de Navarra aloxa un libro electrónico titulado
"Ciencias de la
Tierra y del Medio Ambiente" Está deseñado para
poder ser utilizado como complemento do libro de texto de
bacharelato: "Ciencias de la Tierra y del Medio Ambiente",
1998 Ed. Teide , de Luis Echarri Prim. |
|
The
Biotechnology Education Company amosa na súa web unha serie
de experimentos
sobre Biotecnoloxía. Para cada un deles preséntase un guión
en formato pdf con fundamento, material preciso, e indicación do
tempo necesario. |
Na web do Museo
da Minería e da Industria de Asturias atopamos contidos que
interesan non só á Xeoloxía senón tamén a outras materias como
Tecnoloxía ou Xeografía e Historia. PAga a pena analiza-lo
cuaderno de campo elaborado por profesores de diferentes materias
como material de soporte para a visita realizada polos alumnos ó
museo. |
|
|
|
28-04-2002
05-05-2002 |
|
Cunha pouco habitual frecuencia de
refresco de 10 segundos, a tecnoloxía webcam do
Acuario de Londres
mergúllanos no Océano Pacífico na compaña das súas quenllas.
|
A Web da Sociedade Galega do Medio
Ambiente (SOGAMA) é unha
interesante visita virtual cunha presentación moi amigable, moita
información sobre reciclaxe e tratamento de residuos sólidos urbáns.
Inclúe tambén unha ben dotada zona de documentación.
|
| Xa entramos de
cheo na mellor temporada para os amantes dos terrarios. Abofé
que agradecerán un pouco de información sobre anatomía e
taxonomía das Formigas
Ibéricas. A sección de ligazóns ofrece unha mostra moi exclusiva
da presencia das formigas en Internet. |
A web Biogeociencias aporta
información de actualidade, apuntes, e actividades para realizar na
aula. É de destacar a dedicada á
localización do epicentro dun seismo incluíndo unha
plantilla en Excel que permite introduci-los datos para a triangulación
e devolvelos resultados.
|
|
|
|
05-05-2002
12-05-2002 |
|
Internet ofrece a posibilidade de mirar a través dos ollos dunha persoa
daltónica. Con Vischeck podremos
observa-las nosas propias imaxes ou as páxinas web que queramos como se
sofríamos unha ceguera para a cor.
|
Entre os recursos que ofrece a Escola
Oberta da Xarxa Telemática de Catalunya está
Astronomía Educativa, un
conxunto de páxinas adicadas á formación e composición do sistema solar
e do universo para alumnos de 2º ciclo de primaria e secundaria.
|
|
Unha das ferramentas de uso inmediato máis
útiles na Aprendizaxe de Bioloxía e Xeoloxía son as galerías e
bases de datos gráficas. Un bo exemplo do
potencial destes recursos é accesible en
Flora
Mesoamericana.
|
En AulaGea atopamos
unha sinxela unidade didáctica titulada
O Mapa
Xeolóxico. Nela aprenderemos o que é, como se fan e para que
serven as representacións cartográficas dos afloramentos rochosos e as
súas relacións |
|
|
|
12-05-2002
19-05-2002 |
|
Microscopio
virtual é un sinxelo sitio a xeito de introducción a esta
tecnoloxía. A descripción básica dun microcopio óptico, a historia
e unha mostra das posibilidades ó estilo de galería son os contidos
ofrecidos.
|
Nos foros de internet relacionados coas
Ciencias tanto Biolóxicas como Xeolóxicas barállase a posibilidade
de realizar
microfotografías utilizando unha simple webcam ou unha cámara
dixital de baixo custo. Aínda que a calidade do resultado non deixa
moito campo á impresión en papel, si pode ser unha boa ópción para uso
escolar se o destino final é o monitor. Se desexas máis información
escrébenos.
|
| As presentacións PowerPoint
son xa unha ferramenta casi imprescindible. A non disponibilidade de
ordenador portátil e/ou de cañón de proxección poden obstaculiza-la
súa aplicación se internet non o impide.
Os Virus é só un de tantos exemplos de cómo medra o número de
presentacións ó noso alcance na rede. |
Ninguén cambiaría unha
visita real por outra virtual, máis en moitas ocasións no cabe a
elección e, a falta de pasaxes, benvido sexa o ordenador. Esta semán
destacamo-lo
Percorrido Xeolóxico poa rexión de Atacama en Chile, que forma
parte do espléndido Museo Virtual da Universidade do mesmo nome. |
|
|
|
19-05-2002
26-05-2002 |
|
ECOCIENCIA
é o escaparate
en Internet dunha interesante iniciativa escolar.
Trátase dun grupo
científico-ecolóxico cuio fin
é realizar experiencias, difundir
e
masificar a protección medioambiental
e conquerir contactos con
institucións, grupos, persoas interesadas na conservación da
natureza e no desenvolvemento de actividades científicas.
|
En asociación co correio
electrónico, as listas de distribución constituen un
sistema eficaz para manter en contacto grupos interesados nun mesmo
tema. EDUTERRA
(Educación e Ensino das Ciencias da Terra)
é unha lista en
castelán adicada
ós docentes de Ciencias da Terra. Está
destinada a servir como soporte e vía de difusión para
o intercambio de
ideas, investigacións, experiencias,
e reflexións en
xeral, sobre a
Ensino das Ciencias da Terra. É
o foro entre docentes e
investigadores desta materia.
|
|
O País Dixital ofrécenos un dossier
con información relevante en torno ó proxecto
Xenoma Humano. En
XENES E
XENOMAS atopararemos artículos descriptivos, aplicacións,
polémicas e perspectivas de futuro, ademáis de excelentes gráficos
animados entre os que están os diferentes métodos empregados na secuenciación,ou a técnica da PCR. |
Outro exemplo
de aplicación das novas tecnoloxías.
O Centro Nacional para a
Mellora do Ensino
da Ciencia en Venezuela (CENAMEC)
foi creado según o
Decreto 1.365 del 6 de agosto de 1973 coa finalidade
de atender de xeito orgánico,
continuo e sistemático,
a mellora de métodos
e medios de ensinanza,
así como a formación e
perfeccionamento dos docentes para que ó igual
que os alumnos desenvolvan unha
actitude investigativa, creadora
e activa. |
|
|
|
26-05-2002
02-06-2002 |
|
O Diario Ambiental
AYABA ofrece
información actualizada sobre Medio Ambiente en diferentes seccións:
axenda, foro, glosario, hemeroteca, directorio ambiental, opinión,
suxestións, colaboura, etc.
|
Cada vez son máis os cursos dispoñibles on-line.
Un deles é
INTRODUCCIÓN Á EDAFOLOXÍA. Entre os seus maiores acertos está ter
reducido ó mínimo os textos e acompañalos de fotografías explicativas.
Repartido en 5 temas, o curso fai un percorrido dende a definición e os
procesos de formación ata as propiedades do solo e as súas propiedades.
|
|
FAUNA IBERICA.ORG é o
portal para a divulgación e conservación dos animales ibéricos. Da
entrada a innumerables recursos entre os que mencionaremos lexislación
medioambiental, denuncias e campañas en curso, artigos e ligazóns e,
por suposto, unha extraordinaria ficha informativa sobre cada
especie, que inclúe datos sobre características, hábitat,
reproducción, alimentación e costumes. |
Schlumberger Excellence
in Educational Development é unha compañía de tecnoloxía global
que tamén promociona o uso das novas tecnoloxías no ensino. De entre
outras moitas, a actividade
¿CANTO DURA UN
DÍA? serve para analiza-lo potencial de Internet á hora de
divulga-la experimentación escolar e implementala con unha propiedade
de grande valor, a posibilidade de compartir datos ó longo do
mundo susceptibles de ser comparados. |
|
|
|
02-06-2002
09-06-2002 |
|
O sitio web da
Casa das
Ciencias de A Coruña contén moita información sobre as actividades
desenvolvidas nos museos da cidade, pero ademáis proporciona
documentación de grande valor educativo en torno a temas de actualidade.
Bo exemplo de elo son os trípticos elaborados con motivo das polémicas
en torno ó mal das vacas tolas ou ás emisións de antenas de
radiofrecuencia.
.
|
O
Proxecto Albatros. Nenos de todo o mundo xuntáronse neste proxecto
no que se usan os satélites para seguir ós albatros nas súas viaxes
transoceánicas. Un exemplo de cómo as tecnoloxías da información e a
comunicación poden servir á educación achegando a investigación real ás
aulas.
|
|
O Departamento de
Bioloxía Animal da Universidade de Oklahoma colgou da rede unha
ampla serie de galerías gráficas. Dende a disección dunha ra ou un
cocho ata unha chea de imaxes representativas dos grandes filos do
reino Metazoa |
En
The
Wilson Cycle atoparemos toda a información básica sobre a
secuencia de estadios de apertura e peche dos oceános. Inclúe un
extraordinarios esquemas de liña para imprimir en acetato e servir de
transparencias nas explicacións de clase. |
|
|
|
09-06-2002
16-06-2002 |
|
Classroom of
the 21th century (en inglés) é unha sección de Access Excellence de
The National Health Museum. Trátase dunha iniciativa orientada ó cambio
nas metodoloxías de ensino-aprendizaxe das ciencias. É un lugar aberto á
participación dos profesores interesados na aplicación de novos xeitos
de ensinar, con especial atención á integración das TIC. .
|
Volcano World é
un portal de acceso á información sobre a vulcanoloxía. Ben
estructurada e de navegación doada, esta web ofrece excelentes
fotografías, imaxes de satélite, un localizador xeográfico, Vídeo Clips,
apuntes de clase, mapas, información sobre erupcións, accesos a
centros de vixilancia, entrevistas con vulcanólogos e moito máis .
|
|
O principal obxectivo de
BioLEARN (Linking
Educators As a Resource Network) é a producción dunha colección de
actividades creadas por e para profesores de Bioloxía. Todas manteñen
un formato común que inclúe: unha breve descripcion, o nivel académico
(sistema americano) ó que está dirixida, obxectivos, tempo e material
requeridos, procedimientos e recursos. Moitas, ademáis, van
acompañadas de imaxes, formularios, etc en formato PDF.. |
TOM's (Total
Ozone Mapping Spectrometers) Multimedia Files é outra das
innumerables páxinas a través das que a NASA pon á nosa disposición
material de grande utilidade para as aulas. Neste caso trátase, como o
seu nome indica, de información sobre o burato de ozono en diferentes
formatos (imáxe, animacións e gráficos). |
|
|
|
16-06-2002
23-06-2002 |
|
Anatomía On-Line ofrece un entorno amigable e unha navegación
interactiva moi intuitiva. Medicinaglobal.com ofrece esta utilidade
pensada para que os galenos informen de xeito cómodo ós seus pacientes.
Está en continua revisión e ampliación. .
|
Xeología en Liña é un portal adicado ás Ciencias da Terra. Inclúe
apartados sobre notas, noticias, artigos, datos e moito máis. Unha boa
forma de atacar a inxente cantidade de información é partir do mapa do
sitio.
|
|
ARACNET é a
revista electrónica da comunidade virtual de entomoloxía de RedIris. A
edición on-line do boletín da Sociedade Entomolóxica de Aragón é unha
magnífica publicación dixital para os amantes dos insectos |
The Geo Images
Project é un intento de poñer a disposición de todos aquelas
imaxes que son úitles na ensinanza-aprendizaxe da xeoloxía |
|
|
|
08-09-2002
15-09-2002 |
|
Raios
ultravioleta é unha presentación sinxela que informa sobre os
beneficios e perxuicios da exposición á radiación solar.
|
Billiken
On-Line é un portal educativo dirixido a alumnos de educación
primaria. Con un deseño moi adaptado ó público diana, ten un contorno
moi intuitivo i é moi atractivo visualmente.
|
|
Entra en
Fotonatura, web do Foro
Hispano de Fotografía de Natureza, a comunidade virtual dos fotógrafos
de natureza de fala española. |
Conclusións do XII Simposio sobre
Enseñanza de la Geología celebrado en Girona entre o 8 e o 13 de
xullo.. |
|
|
|
15-09-2002
22-09-2002 |
|
"Grandes
científicos do século XX" convertiuse no primeiro coleccionable
dunha revista electrónica que se pode consultar íntegramente en liña e
descargar tamén ó ordenador persoal.
|
En
losminerales.com
podemos atopar unha guía interactiva de minerais accesibles por clases,
ademáis ten ligazóns especiais baixo as denominacións xemoloxía,
xacementos e coleccionistas.
|
|
"Microbioloxía
e Inmunoloxía" é un conxunto de presentacións ó estilo Power
Point accesibles directamente na Web e que cubren os contidos de
inmunoloxía, compoñentes celulares do sistema inmunolóxico,
antixenicidade vs. inmunoxenicidade e mecanismos da resposta inmune. |
Deseño
Molecular é unha páxina onde se reúnen
programas, tanto comerciales
como free e shareware, que serven para debuxar moléculas e outros
gráficos químicos |
|
|
|
22-09-2002
29-09-2002 |
|
Prosimian Picture
Gallery é, como o seu nome indica, un excelente lugar para entender
"de onde vimos". Aínda que está en inglés, é moi accesible porque está
baseado, casi exclusivamente, en fotografías.
|
Aprendendo Paleontoloxía é a páxina de divulgación do Museo de
Paleontoloxía da Universidade de Zaragoza (España). Un interesante
recurso a nivel do Ensino Secundario Obrigatorio.
|
|
Galería de
moléculas en formato PDB. Para visualizalas é preciso o programa
RasMol, que se pode baixar gratuitamente
eiquí,
así como un manual en castelán e unha explicación do formato. |
O
Museo do Deserto (Coahuila, Mexico) ten como obxectivo fundamental
fomentar unha cultura ecolóxica, divulga-lo respecto ó medio e a
conservación da biodiversidade. |
|
|
|
29-09-2002
06-10-2002 |
Biomodel-3
(versión simplificada) é un conxunto de excelentes complementos
visuais informáticos para Bioquímica no Ensino Secundaria . Inclúe a
estructura tridimensional de algúns exemplos de glícidos, lípidos,
vitaminas, aminoácidos, péptidos, proteínas, nucleótidos e ácidos
nucleicos. (É preciso instala-lo plug-in
Chime para visualización
de modelos tridimensionais).
|
Desastres naturais é unha unidade didáctica de Indexnet, o sitio Web
que Santillana desenvolveu como soporte á súa liña editorial. Está máis
orientada ó alumnado de Educación Secundaria e inclúe ligazóns a
recursos na rede e exercicios de evaluación.
|
|
A unidade didáctica
Modelos
Moleculares do Dpto.de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Univ. de
Salamanca é outro bo exemplo de ensino-aprendizaxe basado na rede.
Contén moita información sobre modelado molecular e acceso ó software
gratuito imprescindible. |
ERUPT é un
programa gráfico que simula varios tipos de erupcións volcánicas,
incluíndo as estrombolianas, plinianas, fluxos piroclásticos
vulcanianos, fluxos de lava hawaianos, fumarolas e domos viscosos
peleanos. Simultáneamente se simulan procesos xeneradores de relevo e
erosivos. |
|
|
|
06-10-2002
13-10-2002 |
"Duplicadoras: A Orixe do Cambio Evolutivo" é un sitio
deseñado específicamente para explora-lo concepto de Dawkins de
duplicadoras nun formato interesante e interactivo, proporcionando
discusións concisas e demostracións interactivas que entreteñen tanto
como informan.
|
En
Terremotos e outros
desastres naurais se atopa abundante documentación sobre o tema.
Fotografías, rexistros actualizados, informes, mapas, referencias
históricas, apuntes e moito máis.
|
|
Nutriweb, navega y
aprende é un traballo de Francisco Muñoz de la Peña que mereciu o
premio Joaquín Sama 2000 a
la innovación educatica sobre alimentación , saúde e consumo (Junta de
Extremadura).
Moi completo e ameno.
|
Como
construir un volcán é unha das propostas que ofrece Terra Networks.
Para cada experiencia se anuncia o nivel de dificultade, as
indicacións de seguridade precisas, o custo, etc. Ademáis, se apoian
en gráficos interactivos que, si a fe non falla, poden substitui-la
realización real do experimento. |
|
|
|
13-10-2002
20-10-2002 |
Bioinformacion Latino
America xurde como resposta ás esixencias do mundo biocientífico
actual, tales como demanda de información especializada e altamente
actualizada sobre temas específicos pero que en conxunción configuran un
grande e amplo panorama que é o que coñecemos hoxe como ciencias
biolóxicas ou ciencias da vida.
|
A páxina web do programa "Biodiversity
and Climate Change"
do UNEP World Conservation Monitoring Centre contén moita información e
datos sobre este tema. A información clasifícase baixo catro epígrafes:
influencia humana, cambios naturais, feitos e figuras e futuros
escenarios. (En Inglés)
|
|
Entra en
Animalpics e
disfruta de toda a beleza da natureza plasmada en fotos de animais.
Poderás ver cans, gatos, arroaces, anfibios, réptiles, aves, coellos,
cabalos, etc. |
Edufuturo é un programa
pioneiro, desenvolvido polo Goberno da Provincia de Pichincha
(Ecuador), cuio obxectivo é dotar de información e de recursos
didácticos ás escolas fiscales da provincia, para contribuir co seu
desenvolvemento educativo e cultural. Este proxecto contempla a
creación dun sistema multimedia interactivo para educación, composto
por un sitio web informativo e software educativo exclusivo. |
|
|
|
20-10-2002
27-10-2002 |
Ciencia Para Nenos
é unha serie de historias acerca do traballo que os científicos fan.
Preparado especialmente para nenos e
nensa de 8 a 15 anos de idade. Xamáis terías sospeitado moitas das
cousas que os nosos científicos fan.
|
Con motivo da campaña "O
Sol, a estrela da nosa vida", o Instituto de Astrofísica de
Canarias, adaptou un material didáctico procedente da NASA que anima ós
profesionales da docencia a que introduzan ós seus estudiantes no
apaixonante tema das relacións Sol-Terra.
|
|
100cia.com
nace da idea de crear unha Web para comentar tódalas noticias das
ponlas da ciencia. Principalmente, e despois de facer estudios,
tomáronse as principais ponlas que lle podían interesar á xente e que
poderían engloba-las partes máis influíntes e interesantes da ciencia,
entre outras bioloxía, xeoloxía, astronomía, xenética, paleontoloxía,
etc. |
Cada vez é máis necesario
dispoñer de obras de consulta xeral on-line que resolvan pequenas
dúbidas no mesmo instante de estar realizando un traballo ó ordenador.
Ou poder investigar diferentes aspectos do coñecemento para localizar
fontes de información de partida cara a unha posterior profundización.
Enciclonet cubre
estos obxectivos con gran seriedade e as garantías de actualización
que supón unha enciclopedia basada na Web |
|
|
|
10-11-2002
17-11-2002 |
ICARITO
é unha enciclopedia escolar on-line chilena. Contén moitísima
información cunha presentación moi atractiva para os alumnos de primaria
e secundaria. Destacan neste site, as animaciuones e as láminas
informativas, en ámbolos dous casos, moi cuidadas.
|
SeaWiFS
Biosphere Globes é unha das páxinas do proxecto Sea WiFS cuio
propósito é proporcionar datos sobre as propiedades bioópticas dos
océanos á comunidade científica e educativa. Sobre unha interface moi
intuitiva pódense xerar mapas do globo terrestre en función da latitude,
lonxitude, estación e tamaño do arquivo xerado (en píxeles)
|
| Entre as revistas
dixitais de educación e novas tecnoloxías, destaca
Contexto Educativo.
Dirixida a tódala comunidade hispanofalante, a calidade de los artigos
publicados nela está abalada polo traballo do consello de redacción.
Tódolos colaboradores son profesionais do campo do ensino dende
universidades e institutos. Información actualizada, debate, crítica e
pluralidade. E para quen se apunte a publicar, emiten un certificado. |
Galería
fotográfica: Para ilustra-lo fenómeno dos
meteoritos
nada mellor que dispor dunha grande variedade de imaxes fotográficas.
Se ademáis ofrécennos datos sobre dimensións, peso, lugar de caída,
etc, mellor que mellor. |
|
|
|
17-11-2002
24-11-2002 |
tryscience.org é un
site de divulgación científica e invitación á experimentación, tanto
on-line
como mediante a presentación de experiencias para realizar na casa. Con
un interface amigable e elementos de deseño ben estudiados, a navegación
é intuitiva e chama a atención dos máis novos. Moi interesante.
|
A actualidade paleontolóxica segue pasando
por Atapuerca,
patrimonio da humanidade. Referente
internacional no que a evolución humana se refire, eiquí podemos
atopar moita información cunha agradable presentación e abalada por
univeridades e premios de divulgación. |
|
Para estar ó día en
enerxías renovables podemos ler as derradeiras noticias do sector
na versión dixital da revista do mesmo nome. Existe un menu que
permite selecciona-lo tipo de enerxía do noso interés. E ademáis,
seccións de foro, lexislación, axenda, diccionario e ligazóns. |
Biociencias.com é a web
dunha organización científica orientada á divulgación. Incorpora a xa
imprescindible retroalimentación a través da que calquera visitante
pode participar en foros, enquisas, etc e así sentirse partícipe dos
valores defendidos. Un servicio interesante é o directorio de
científicos que nos permite contactar con expertos en multitude de
disciplinas. |
|
|
|
24-11-2002
01-30-2002 |
A
metodoloxía de aprendizaxe basado na Web atopoue nos
WebQuest
unha ferramenta motivadora tanto para profesores como para alumnos.
Coñecelo que se esconde tralo concepto de WebQuest
faise imprescindible para tódolos docentes interesados nas novas
tecnoloxías aplicadas ó ensino. Aula21 pónnolo doado.
|
O
IGME, dependente
do Ministerio de Educación e Ciencia, centra as súas actividades en
cinco programas temáticos: xeoloxía, hidroxeoloxía, ordenación
medioambiental e do territorio, difusión do coñecemento xeolóxico e
medioambiental e infraestructura técnica. Ten unha sección adicada ós
SIX.
|
| Bioxeo.com xa se fixera eco
anteriormente da Biology Student
Workbench. Agora actualizouse o sitio web desa metodoloxía de
introducción ó estudo e investigación basado nas secuencias
aminoacídicas e nucleotídicas. Imprescindible para os interesados na
bioloxía molecular (en inglés). |
O
Laboratorio de teledetección da Universidade de Valladolid
proporciona información sobre diversos temas, entre eles, meteoroloxía
(con imaxes do satélite meteosat e prediccións), incendios forestais,
capa de ozono, mapas da capa de ozono, de sequía ou da atmósfera |
|
|
|
|
|
|
|