¿Cómo funciona a Evolución?

 

 

   

Un malentendido común sobre a evolución é a idea de que está basada no azar. Imaxinemos que iso fora certo, ¡as probabilidades de que un organismo sexa creado por acumulación de sucesos azarosos son astronómicas! Sen embargo, a evolución non traballa deste xeito; ben ó contrario, tódolos cambios aparecidos de forma azarosa son filtrados pola Selección Natural, ese é o truco.

Por exemplo, a probabilidade aleatoria de xerar unha frase de 12 letras que usa os 27 caracteres estándares (26 letras e o espacio) é (1/27)12, o 1 de 150,094,635,296,999,121. Sen embargo, a xeración dunha frase mediante selección acumulativa ocurriu cun promedio de 239 intentos usando a seguinte simulación.

Consiste en tratar de xerar unha frase ou palabra partindo doutra. Na fiestra que se abrirá ó comenza-lo xogo debes introduci-la frase que desexas obter na primeira caseliña (breed) e a de partida na segunda (from).

(Se ó preme-lo enlace seguinte non aparece a simulación sobre fondo azúl, pecha a fiestra que se abre e inténtao de novo)

¡A XOGAR!

   
   
   
   
   
   

Idea basada no libro "El relojero ciego" de Richard Dawkins.