Imprime esta páxina e calcula a idade que terías noutros planetas. Se os cálculos matemáticos danche problemas pregunta ós teus pais, ó teu profesor ou envíanos un correo electrónico.
Se tes un globo terráqueo (ou mesmo un balón), marca un punto na sua superficie, dalle unha volta completa e regresa ó punto de partida. Iso é unha "rotación." Unha rotación da Terra é o que nos chamamos "día". No noso planeta este xiro tarda 24 horas, pero outros planetas rotan a diferentes velocidades, de xeito que o día en Marte ou Plutón poderían ser moito máis longos ou curtos que o día terrestre.
Agora imaxina o balón xirando arredor da tua cabeza debuxando unha circunferencia. Ese é o modo no que a Terra se move arredor do sol ("traslación") sendo a duración dunha volta completa 365.26 días que é o que nos chamamos "ano". Outros planetas invirten máis ou menos tempo e os seus anos son diferentes do noso.
Gracias ás observacións realizadas a través dos telescopios, os científicos poden medir cómo son de longos os días e os anos.
| Fórmula para calcula- la idade en días | ||
| A. ¿Cantos anos tes? Multiplica a túa idade polo número de días dun ano. A solución é o número de días que ti terías o día do teu último cumpreanos. A fracción decimal (0.26) é para engadir días extras para compensa- los anos bisiestos. Podes borra- la fracción decimal da túa solución. | =_________ | |
| B. ¿Qué número de orde no ano correspóndelle ó día do teu cumpreanos? Usa este calendario para atopalo. | B=________ | |
| C. ¿Cal é o correspondente ó día de hoxe? Usa este calendario para atopalo. | C=________ | |
| D. Resta B a C. Este é o número de días desde o teu último cumpreanos se xa cumpliches este ano. | =_________ | |
| E. Se D é < 0, escrebe 365. Esto fai o cálculo correcto se aínda non cumpliches este ano. Noutro caso escrebe 0. | =_________ | |
| F. Suma tódalas cantidades da última columna. Este é o número de días que viviches ata hoxe. (Podería haber unha diferencia dun día se este ano é bisiesto.) | =_________ | |
Agora trata de calcula-la túa idade noutro planeta do noso sistema solar.
| Calcula a túa idade noutros planetas | ||
| G. Escolle un planeta e escrebe o seu nome. | ________ | |
| H. Mira a duración dun ano en días terrestres. | ________ | |
| I. Mira a duración do seu día en horas. | ________ | |
| J. Calcula cantos anos terías nese planeta. | =________ | |
| K. Calcula cantos días terías no mesmo planeta. | =________ | |
|
Recollido de NASA-Kids. Traducido por BioXeo.com. Nov.2003 |
|