|
|
|
Microscopio óptico Vixen.
O microscopio utilizado nas probas, un sinxelo modelo monocular. O ocular foi en tódolos casos de 10 aumentos e variou o obxectivo en función do tema fotografiado. |
|
|
|
Kodak 3215
A cámara. Dispón de zoom 2x e unha función de primeiros planos que minimiza o efecto de viñeteado. Moi útil sobre todo no caso de fotografiar cos obxectivos de menor aumento. |
|
|
|
Visor LCD.
O típico visor situado na parte posterior da cámara facilita enormemente o traballo convertindo o conxunto nun sistema WYSIWYG. A súa ausencia obriga a utilizar un sistema externo acoplado (ordenador por exemplo no caso das webcam). |
|
|
|
Bronquiolo de porco.
Un dos problemas que atoparemos é que as imaxes poden ter unha dominante laranxa ou verdosa. É típica de fontes de luz incandescentes ou fluorescentes, será mínima se a luz é halóxena (variable en función da calidade da bombilla) e nula en caso de iluminación natural. Se a cámara ten boas capacidades de balance de brancos o efecto pódese ver reducido. |
|
|
|
|
Bronquiolo de porco.
A mesma foto despois de realizar un axuste de cor con PhotoShop. Utilizando a función de Axuste/Curvas, modificouse a canle azul para correxi-la dominante verdosa. |
|
|
|
Hidrozoos.
Outra modificación con PhotoShop dende a imaxe inicialmente capturada. En ocasións o resultado pode mellorar se modificamo-la luminosidade xeral. Como neste exemplo, ademáis da canle azul para correxir a dominate verdosa, utilizouse o Axuste/Curvas aplicándoo a tódolas canles (RGB); modifica-lo brillo reduciría o contraste resultando imaxes con pérda de saturación. |
|
|
|
Nesta imaxe apréciase o típico viñeteado na marxe dereita debido a un erro no centrado dos sistemas ópticos: o microscopio e o obxectivo da cámara. No momento de disparar, o pulso pode traicionarnos. Se ámbolos dous compoñentes o permiten, o ideal é idear algún sistema de suxección da cámara ó ocular do microscopio. Se o microscopio é binocular teremo-la posibilidade de realiza-lo enfoque fino tanto a través da pantalla LCD da cámara como directamente a través dun dos oculares. |
|
|