O interese desta páxina é prepara-la realización dos ensaios bioquímicos de recoñecemento de bacterias, especialmente enterobacteriáceas, para alumnos de Ciclos Formativos Medios e Superiores onde se curse o módulo profesional "Ensaios microbiolóxicos".
O obxectivo é dobre; por unha banda revisa-los conceptos teóricos que sustentan cada unha das probas, e pola outra, observar imáxes dos resultados das mesmas, tanto no caso dos positivos como dos negativos, para que fagan as veces de "experiencia previa" e faciliten o diagnóstico na práctica real no laboratorio.