![]()
|
|
Benvid@ a
Hola
Dolly: Unha WebQuest. Ola Dolly é unha actividade de investigación que sitúa
ós
estudiantes en disposición de realizar grandes preguntas, desenvolver
novas relacións e adoptar unha postura sobre un tema de actualidade.
Se estás utilizando o proxecto cos teus alumnos, ou estudiando o concepto de WebQuest, estaría encantado de ter noticias túas. Por favor, date un respiro e envíame un correio electrónico a: knuthall@edc.org Se se trata de comentarios referidos á adaptación ó galego, por favor envíalos a cdepaz@edu.xunta.es A vista de paxaro: Unha ollada á secuenciación do proxecto. Formulario de avaliación de referencias: Un formulario en-liña que guía ós alumnos no proceso de validación das fontes. O Informe especial: para orientar ós alumnos sobre "A cuestión chave". Pode axudarlles a realizar unha boa presentación no Simposio sobre Clonación. "Toma unha postura": Un formulario en-liña que xenera un informe do Comité Final do Simposio. Avaliación da presentación oral : Unha ligazón a un modelo de cadro para puntua-la presentación oral do Simposio sobre Clonación. Decide e pronúnciate: Unha boa asistencia para que os alumnos xeneren mensaxes de correio electrónico de excelente calidade. "As cousas ocupan máis tempo do que aparentan." Semella se-lo lema das actividades dirixidas ós alumnos. A continuación ofrécese unha posibilidade de temporalización de duas semanas de duración. Se a dedicación das sesións de clase é exclusiva, seguramente pódese realizar nese tempo ou menos. Algúns profesores decidiron realiza-lo proxecto simultáneamente co desenvolvemento dos seus curricula, confiando ós estudiantes a responsabilidade de completalo ocupando parte do "seu propio tempo". O proxecto foi desenvolvido cunha "estructura flexible". Un profesor pode querer utilizar únicamente a lista de recursos sobre clonación ou limita-lo proxecto á actividade "Toma unha postura". Día PRIMEIRO: Días SEGUNDO - CUARTO Días QUINTO - SÉPTIMO Días OCTAVO-DÉCIMO |
|
|
|
Versión orixinal posta na rede en Abril 1997, actualizada
en Agosto 2001. Adaptado ó galego por Carlos de Paz co permiso de Poway
Unified School Tódolos dereitos reservados. |