Hello Dolly: A WebQuest

dots.gif (127 bytes)
PÁXINA PRINCIPAL
RECURSOS
FERRAMENTAS DO PROFESOR
A VISTA DE PAXARO
CRÉDITOS
dots.gif (127 bytes)

VISITA A
PÁXINA DE WEBQUEST 

MÁIS RECURSOS EN GALEGO E CASTELÁN SOBRE WEBQUEST dots.gif (127 bytes)

 

 

 

 

[ciencias | matemáticas | linguaxe | tecnoloxía ]

Contidos de CIENCIAS

APLICACIÓN DO PROXECTO

Escala e estructura
  • Os procesos vitais de plantas e animais dependen dunha gran variedade de reaccións químicas que teñen lugar en áreas especializadas de las células.
  • Un organismo pluricelular se desenvolve a partir dunha única célula (o zigoto) cuio fenotipo depende do seu xenotipo que, á súa vez, queda establecido no momento da fecundacion.
  • Os alumnos investigarán os procesos de desenvolvemento dunha simple célula formada por clonación. Describirán os xenotipos idénticos como resultado da clonación e revelarán as posibles alteracións sufridas no fenotipo como consecuencia da interacción co medio.
Evolución
  • A Mutación e a reproducción sexual proporcionan variabilidade xenética á poboación.
  • Os alumnos describirán como o resultado da clonación é unha diminución na variabilidade.
Patróns de Cambio
  • Os xenes constituen o manual de instruccións, codificado na secuencia de nucleótidos do ADN de cada organismo, determinando a secuencia de aminoácidos nas proteínas que caracterizan cada organismo.
  • A composición xenética das células pode ser alterada por incorporación de ADN exógeno nas células.
  • Os estudiantes demostrarán que a secuencia xenética será idéntica no clon e no donante.
Estabilidade
  • A frecuencia dun alelo no acerbo xénico dunha poboación depende de moitos factores e pode permanecer estable ou inestable ó longo do tempo.
  • Os estudiantes demostrarán que a frecuencia alélica permanece invariable ó longo dun proceso de clonación.
Investigación e experimentación
  • O progreso científico se produce cando se realizan preguntas significativas e se trata de contestarlas a través de investigacións ben deseñadas. Como base para comprender este concepto os alumnos poden propoñe-las súas propias preguntas e levar a cabo as investigacións.
  • Hello Dolly: Unha cuestión a estudiar é unha "actividade orientada á investigación na que os alumnos interactúan con Internet, valoran a información, cooperan cos seus compañeiros e formulan unha solución a unha cuestión complexa".

 

Contidos de MATEMÁTICAS

APLICACIÓN DO PROXECTO

ESTADÍSTICA, ANÁLISE DE DATOS E PROBABILIDADE
  • Os estudiantes fan inferencias e prediccións baseadas na análise de grupos de datos e das transformacións derivadas do mesmo.
  • Os alumnos estiman a frecuencia relativa, calculan probabilidades, demostran a  súa capacidade para realizar prediccións partindo de mostras e experimentan en situacións que dependen de sucesos inciertos incluíndo a dependencia e os condicionantes asociados a outros eventos.
  • Os estudiantes utilizarán resultados de enquisas para adquirir un mellor entendemento de cómo a poboación xeral ve o complexo tema da clonación.
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS E RAZOAMENTO MATEMÁTICO
  • Os estudiantes manexan un problema concreto realizando conclusións xerais, exposicións e asociando cuestións relacionadas para comentalas.
  • Os alumnos utilizarán os datos de enquisas como unha asistencia para desenvolve-las preguntas necesarias para comprende-las implicacións sociais asociadas á clonación.

 

Contidos de LINGUAXE

APLICACIÓN DO PROXECTO

Lectura
  • Los estudiantes identifican las ideas y hechos básicos sobre los que han leído, escuchado o visto. Recurren a estrategias como generar y responder preguntas y comparar nuevas informaciones con conocimientos previos.

 

  • Os estudiantes serán lectores críticos de estudios de caso nun esforzo para identifica-los temas e perspectivas implicadas na historia.
  • Os estudiantes serán requeridos para que adquiran novos coñecementos e os enfrenten coas súas crenzas anteriores.
Escritura
  • Os alumnos escriben textos orientados e coherentes que interesan para razoar un argumento e que demostran conciencia de propósito e auditorio, utilizando os recursos de escritura que sexan precisos.
  • Os estudiantes escribirán para presenta-la perspectiva do seu rol no referente á clonación. Pediráselles que proporcionen un argumento razoado que intente persuadir ós seus compañeiros.
Expresión oral
  • Os estudiantes formulan hábiles xuizos sobre as comunicacións orais, e as deliberacións en torno a elas, en coherentes presentacións que comunican unha clara e distintiva perspectiva e un razoamento tallante, usando xestos, tono e vocabulario adaptados á intención e audiencia.
  • Os estudiantes pronuncian presentacións formais e oportunas que combinan estratexias da retórica tradicional como a narración, exposición, persuasión e descripción.
  • Os alumnos utilizarán a comunicación oral para colaborar entre sí. Pediráselles que compartan as súas perspectivas sobre o conxunto de asuntos que rodean a clonación.
(Tele-) Colaboración

Definir papeis e compartir responsabilidades dentro de cada equipo de traballo.

  • Os estudiantes colaborarán en grupos tanto reducidos como grandes nun esforzo por acadar un consenso.
Teleinvestigación
  • Procurar recursos, principal pero non únicamente na rede.
  • Valora-la idoneidade dunha fonte.
  • Os estudiantes serán instruidos no xeito de localizar recursos, pero máis importante é ensinarlles a valora-la información recollida de fontes en-liña, discriminando aquela que non ten interese e seleccionando a que será útil ós fins perseguidos.

 

Contidos de TECNOLOXÍA

APLICACIÓN DO PROXECTO

Operacións básicas e conceptos
  • Os estudiantes demostran certa comprensión da natureza e o funcionamento dos sistemas tecnolóxicos.
  • Os estudiantes son hábiles no uso da tecnoloxía.
  • Os estudiantes aprenderán o preciso para aplica-las ferramentas tecnolóxicas durante a investigación individual e a colaboración dentro do grupo. E o que é máis importante, utilizarán ditas ferramentas no marco da resolución dun problema complexo.
Temática social, ética e humana
  • Os estudiantes comprenden as cuestións éticas, culturais e sociais relacionadas coa tecnoloxía.
  • Os estudiantes practican responsablemente o uso das tecnoloxías da información e comunicación e o software.
  • os estudiantes desenvolven actitudes positivas hacia o uso da tecnoloxía que favorece a aprendizaxe continuada, a colaboración, os intereses personais e a productividade.
  • Os estudiantes serán responsables no uso das ferramentas tecnolóxicas colaborando cos seus compañeiros nun esforzo por resolver un problema complexo. Ademáis, os estudiantes valorarán a información recabada de Internet. Espérase que ó aplica-la tecnoloxía a problemas "da vida real" se estimule a capacidade de aprendizaxe continuado.
Tecnoloxía da productividade
  • Os estudiantes usan as ferramentas tecnolóxicas para aprender, incrementar la productividad e promove-la creatividade.
  • Os estudiantes usan ferramentas de productividade para colaborar na construcción de modelos, preparar comunicacións  e producir outros traballos creativos.
  • Os estudiantes elaborarán as súas propias solucións ós temas asociados á clonación. O proxecto está centrado principalmente nos alumnos i é prioritario que compartan as súas ideas, crenzas, etc.
Tecnoloxía da comunicación
  • Os estudiante utilizan as telecomunicacións para colaborar, publicar e interactuar con compañeiros, expertos e outras audiencias.
  • Os estudiantes utilizan variedade de medios e formatos para comunicar  información e ideas de forma efectiva a múltiples audiencias.
  • Se utilizarán foros, bases de datos e páxinas web para realza-la colaboración no proceso de investigación. Promocionarase tamén a utilización de algún entorno colaborativo baseado na web que garanta a comunicación entre os membros mantendo en continua actualización o proceso.
Tecnoloxía da investigación
  • Os estudiantes usan a tecnoloxía para localizar, valorar e recoller información dunha grande variedade de fontes.
  • Os estudiantes usan a tecnoloxía para procesa-los datos e elaborar informes de resultados.
  • Os estudiantes avalían e seleccionan novas fontes de información e innovaciones tecnolóxicas en base á súa adecuación a determinadas tarefas.

 

 

  • Os alumnos serán instruidos en como localizar fontes, pero é máis importante instruilos en cómo valora-la información recollida de fontes en-liña.
Tecnoloxía para a resolución de problemas e para a toma de decisións
  • Os estudiantes usan fontes tecnolóxicas para resolver problemas e tomar decisións.
  • Os estudiantes empregan a tecnoloxía no dessenvolvemento de estratexias de resolución de problemas no mundo real.
  • Hello Dolly: Un WebQuest
  • "Unha actividade orientada á investigación onde
  • os alumnos interactúan con Internet,
  • valoran a información e formulan unha solución a un problema complexo."

 


Versión orixinal posta na rede en Abril 1997,

actualizada en Agosto 2001.
Copyright © 1995-98 Keith Nuthall.

Adaptado ó galego por Carlos de Paz co

permiso de Poway Unified School
District, Poway, CA.

Tódolos dereitos reservados.