![]()
|
|
"A
clonación crea nenos normais. Serán individuos únicos, non fotocopias
de outros. " (Profesor italiano Severino Antinori 2001)
Hai máis de 60 anos os anfibios foron usados para crear clóns, pero os embrións morrían na fase de cágado. Durante as últimas seis décadas, a clonación dun mamífero só era posible no maxín da comunidade científica. (Cronoloxía da clonación) Hello Dolly! Cando menos se contaba, Ian Wilmut, un investigador do Instituto Roslin en Escocia, anunciou que o seu equipo tiña clonado exitosamente un año a partir dunha célula dun adulto. No día seguinte, o Papa denunciou o descubrimento como "unha falla de respeto pola vida". A comunidade científica aclamou o descubrimento como unha porta aberta para a humanidade. Os gobernos ó longo do mundo debaten actualmente o impacto potencial da clonación na sociedade. O propósito desta discusión é determinar como lexisla-la clonación. En abril de 2001, o honorable Mr. Weldon, un representante do Estado de Michigan no Senado dos Estados Unidos, propuxo a seguinte lei: [Podes facer clic eiquí para ve-lo proxecto de ley completo, en inglés]
¿Qué política gubernamental ten que se establecer para regula-la clonación? Concéntrate, abre a túa mente e trata de non chegar a unha conclusión antes de completa-la túa investigación. Serás avaliado en función de como procesas a información, defendes os teus puntos de vista, te comunicas con eficacia e traballas cos teus colaboradores. ¡Boa sorte!
O Parlamento Europeo está escollendo un grupo de especialistas para investiga-las amplas implicacións da clonación na estructura social, económica e política da Sociedade. Cada equipo de especialistas presentará as súas conclusións durante o Simposio sobre Clonación. Tomando como punto de partida o proxecto de Lei sinalado máis arriba, será responsabilidade dos membros de cada equipo avalia-la proposta de Prohibición de Clonación Humana, e determinar se o proxecto de lei debería ser ampliado para incluir outros tipos de investigación en torno á clonación.
¿A qué ven tanto barullo? Andrew Ross, editor xefe de Salon Magazine, unha prestixiosa revista, plantexou algunhas cuestións ó creador de Dolly, o Dr. Ian Wilmut. As preguntas se centraban en algunhas das espranzas e temores sobre a clonación humana. Visita cos teus colaboradores: Como grupo, determinade cómo aborda-la seguinte actividade.
Agora é o momento de observa-la clonación dende diversas perspectivas. Cada unha delas ten o seu propio punto de vista, e ofrece unha única solución ó complexo problema que a clonación presenta. A cada equipo da clase se lle asignará un rol. Para estar seguro de que tódolos integrantes do teu equipo comprenden os roles, abride os expedientes que hai a continuación e investigade as responsabilidades de cada grupo. Despois de ter explorado cada rol, abride o que vos foi asignado e comezade o voso traballo.
Responsabilidades do presentador. Chegou a hora de que o teu equipo comparta o que aprendeu sobre a clonación. Xa sodes expertos dende o punto de vista propio do voso rol, e os asistentes ó Simposio sobre Clonación precisan coñece-los aspectos relativos á clonación dende esa perspectiva. O teu grupo disporá de dez minutos para explicar se a Prohibición da Clonación Humana proposta pode ser aplicada tal e como está na Comunidade Europea, se debe ser ampliada ou mantida razoando a postura. Podes apoia-la presentación con fotografías, vídeo, documentos sonoros ou fitas obtidas no proceso de investigación previo. Tes que presenta-los teus puntos de vista de xeito eficaz. Se decides utilizar outros recursos, como unha presentación en PowerPoint, é a túa responsabilidade garantir que o programa funcionará o día do Simposio sobre Clonación. Se non utilizas PowerPoint, podes confeccionar un panel mural, ou editar unha presentación en vídeo. Sede creativos. Se queres, podes votar unha ollada ó formulario de valoración que proporciona ideas para facer unha presentación excelente. Responsabilidades da Audiencia Como membro da audiencia do Simposio sobre Clonación, tes que escoitar con atención cada unha das presentacións. Serás chamado a participar nunha Subcomisión da Cumbre que decidirá en última instancia cómo ten que proceder o Goberno Comunitario. Mentres escoitas as outras perspectivas:
Establecéronse varias Subcomisiones do Simposio para desenvolver unha proposta de cómo o Goberno ten que proceder. Cada Subcomisión consistirá nun experto de cada rol. Desenvolver unha proposta non é tarefa doada, o que é bo para a investigación científica pode non selo para a defensa dos dereitos dos animais ou dende a perspectiva das crenzas relixiosas. Tes que discutir, persuadir, argumentar, acordar, e establecer un plan de acción. Pode que non esteas plenamente dacordo co plan decidido pola Subcomisión, pero tes que chegar a un consenso. Podes botarlle unha ollada ó formulario "Adopta unha postura" que pode servir de axuda ó teu Subcomité para elaborar un plan de acción. Finalmente, comunicaredes o informe da vosa Subcomisión do Simposio sobre Clonación mediante algún medio no "mundo real". Esto pode darvo-la oportunidade de recibir contestación dun experto que non formou parte do proxecto. [Visitade o cadro 'Decide e pronúnciate' para ter unha referencia dos aspectos a ter en conta na preparación do comunicado]
A clonación pode ser o máis importante dos descubrimentos científicos do século XX e o seu impacto pode deixarse sentir ó longo de todo o XXI. "Moitos acontecementos humanos pasan por tres fases. A primeira é de medo e repulsión, a segunda é unha especie de tolerancia e pasividade e a terceira fase é de aprobación e apoio." (Dr. Richard Seed) É hora de que os nosos estudiantes tomen unha postura e comuniquen ó mundo o que opinan.
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
Versión orixinal posta na rede en Abril 1997, actualizada
en Agosto 2001. Adaptado ó galego por Carlos de Paz co permiso de Poway
Unified School Tódolos dereitos reservados. |