| 2001 ¿Serán as personas o seguinte? |
|||
![]() |
Panayiotis Zavos, especialista estadounidense en fertilidade, e un equipo de científicos internacionais anunciaron en marzo que centos de parellas son voluntarios nun experimento para crear nenos e nenas clónicos. O equipo dixo que estará en disposición de axudar a parellas infértiles a ter clóns no 2003. Por outro lado, en xaneiro Gran Bretaña convertiuse no primeiro país en legaliza-la clonación de embrións humanos, cando o goberno aprobou unha controvertida medida co ánimo de promove-la investigación no campo das células nai embrionarias. Os clóns creados baixo ditas reglamentacións teñen que ser destruídos despois de 14 días, e a creación de bebés por clonación segue estando fora da lei. |
||
Recollido de The History of Cloning en http://msnbc.com/modules/cloningTimeline/